Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.834

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 1ª)

EDICTO (386/1999-4).

Ramón Fernández Agra, secretario xudicial do Xulgado de Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por dilixencia de ordenación desta data, recaída nos autos procedemento abreviado nº 386/1999-4 a providencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva como segue:

Providencia maxistrado xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Pola que a SSª, tendo en conta os autos nº 656/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número

un da Coruña e, antes de admiti-la demanda a trámite, acorda notificarlle á parte demandante que, estando en vigor a Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE 793, do 12), a solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio deberá formulala ante o Colexio de Avogados da Coruña (Edificio Novos Xulgados r/ Monforte, s/n, 4ª planta) co obxecto de que a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta poida proceder ó seu estudio e decidir se concorren ou non os requisitos para a obtención da dita asistencia.

Todo isto co apercibimento de que, no caso de non presenta-la solicitude dentro do prazo de trinta días, contados a partir da notificación deste edicto, se procederá sen máis trámite ó arquivo das actuacións. Deberase acreditar ante este Xulgado do Contencioso-Administrativo a efectiva presentación desta solcitude dentro dos dez (10) días seguintes ó remate do anterior prazo. Mándao e asínao SSª do que, como titular da súa secretaría, dou fe.

E para que lle sirva de notificación á recorrente Margarita Rois Quiroga, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña o 1 de outubro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario