Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4578/1999).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro en nome e representación de Empresa Raúl, S.A. contra a Orde do 29-3-1999, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que lle outorgou con carácter definitivo a Viajes Melytour, S.L. a concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 115 por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 25-5-1999.

Recurso 02/4578/1999.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que non foron notificadas persoalmente e que teñan un dereito ou interese lexítimo no dito recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, catro de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado