Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (129/1999).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de separación conxugal (5*) seguidos neste xulgado baixo o nº 129/1999, por instancia de Julia Pena Vilacoba representada por Avelino Calviño Gómez (de oficio), por esta cédula emprázase a Ramón Mella Paderne, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento que de non o facer será decla

rado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen máis oílo nin citalo, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o 1 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado