Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (135/1991).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Padrón (A Coruña), fai saber:

Que nesta secretaría do meu cargo, e co número 135/1991, se tramita procedemento de xuízo de cognición, por instancia de Carmen, Antonio, Federico Manuel e María Cajaraville Balado, contra José Cajaraville Piñeiro no que, por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa, por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán. Sinálase para que teña lugar o acto de remate na secretaría deste xulgado o vindeiro día 17 de decembro de 1999, ás 11 horas, coas prevencións seguintes:

Primeira: que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: que tódolos ofertantes, con excepción do acreedor, para tomaren parte na poxa, deberán consignar na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., número 1575-0000-14-135-91, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor do ben que sirva de tipo, facendo consta-lo número e o ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceira: unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinta: os autos e certificación rexistral, que suple os títulos de propiedade, estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa sinálase, para a realización dunha segunda, o día 21 de xaneiro de 1999, ás 11 horas,

para a que servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira, o día 18 de febreiro de 1999, ás 11 horas, poxa que se realizará sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuándose os sábados.

Bens que se sacan a poxa.

1.-Predio nº 10.350. Rústico. Predio nº 149 do Plan xeral de concentración parcelaria da parroquia de Carcacia, Rumille, concello de Padrón. Terreo dedicado a prado, labradío e monte, no sitio Cacheiro, de corenta e sete áreas, dezanove centiáreas, que linda: norte, con José Cajaraville Ares (148); sur, con Elvira Iglesias Buela (150), Rosa Iglesias Buela (151), Ramón Iglesias Buela (152), Peregrina Iglesias Buela (153), Flora Buján Piñeiro (154), María Rodríguez Casal (155) e Manuel Pereira Espiñeira (156); leste, camiño, canle de auga no medio e oeste, zona excluída. Neste predio penetra unha canle de auga.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 497 do arquivo, libro 113 de Padrón, folio 135, predio 10.350.

Taxada, para efectos de poxa, na cantidade de dous millóns oitocentas trinta e unha mil pesetas.

Estando o executado, José Cajaraville Piñeiro, en ignorado paradoiro, este edicto serviralle de notificación.

Dado en Padrón o 4 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado