Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.836

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO de poxa (154/1993).

O secretario do Xulgado do Penal número tres da Coruña fai saber que na executoria que se segue neste xulgado co número 154/1993, dimanante de xuízo oral 615/1992, polo delicto de agresión sexual, contra Juan Pazos Lago, se acordou proceder á venda en poxa pública por primeira vez e no termo de vinte días dos bens embargados ó condenado, e para este acto sinálase o día dous de decembro ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, sito en r/ Monforte s/n, servindo de tipo para esta primeira poxa o valor da taxación dado a cada un dos predios e que é de 80.500 pesetas para a primeira, 91.000 para a segunda, 57.400 para a terceira, 120.000 para a cuarta, 28.000 para a quinta, 161.000 para

a sexta, 58.000 para a sétima, 112.000 para a oitava e 133.000 para a novena; esta terá lugar baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os que desexen tomar parte na poxa deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do prezo que serve de tipo para cada un dos predios obxecto da poxa; sen este requisito non serán admitidas, podendo facerse licitacións por escrito, en prego pechado e depositándose na mesa do xulgado, xunto con aquel, xustificante de que se fixo a consignación no establecemento destinado para o efecto.

Segunda.-Servirá de tipo para a poxa o valor asignado ós bens, e non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes.

Terceira.-Os bens póxanse sen terse suplida previamente a falta de títulos de propiedade, non constando estes, inscritos no Rexistro da Propiedade.

Cuarta.-As cargas e os gravames anteriores e as preferentes, se as houber, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante as acepta e que queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Quinta.-No caso de que a primeira poxa resultase deserta, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do valor da súa taxación, subsistindo as demais condicións, o día vinte de xaneiro ás dez horas. E para o caso de que resultase deserta a segunda poxa, sinálase para a terceira, sen suxeición a tipo, o día vinteseis de febreiro ás dez horas, no mesmo lugar que as anteriores.

Bens obxecto de poxa.

Predios embargados, todos eles de carácter rústico, no concello de Dumbría:

Primeira.-Zona 00. Polígono 004. Parcela 00595. Lugar P. Camposa. Mato 0,0300. Pastos 0,0267. Superficie total: 5 a 67 ca.

Segunda.-Zona 00. Polígono 004. Parcela 00604. Lugar Devasas. Prado. Superficie total: 5 a 70 ca.

Terceira.-Zona 00. Polígono 004. Parcela 00637. Lugar P. Camposas. Mato 0,0400. Labor 0,0207. Superficie total: 6 a 0,7 ca.

Cuarta.-Zona 00. Polígono 004. Parcela 00638. Lugar Cotarrino. Monte 0,0748. Pastos 0,0207. Superficie total: 9 a 55 ca.

Quinta.-Zona 00. Polígono 010. Parcela 00159. Lugar Priba Fora. Prado. Superficie total: 1 a 73 ca.

Sexta.-Zona 00. Polígono 010. Parcela 00237. Lugar Rego Patocas. Mato 12 a 50 ca. Pastos 2 a 2 ca. Superficie total: 14 a 52 ca.

Sétima.-Zona 00. Polígono 011. Parcela 00082. Lugar Pichos. Monte 0,0450. Pastos 0,0017. Superficie total: 4 a 67 ca.

Oitava.-Zona 00. Polígono 011. Parcela 00110. Lugar Pedras Ferreñas. Mato. Superficie total: 10 a 27 ca.

Novena.-Zona 00. Polígono 011. Parcela 00115. Lugar Pena. Monte 0,1050. Mato 0,0156. Pastos 00. Superficie total: 12 a 6 ca.

A Coruña, 28 de setembro de 1999.

O secretario

Rubricado