Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, do Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Covas-Esmelle-Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 257/1983, de 15 de diciembre, que a xunta local da zona, na súa reunión do 11 de agosto de 1999, aprobou as bases definitivas, que modifican as bases definitivas aprobadas o 28 de novembro de 1990, en virtude da resolución da Dirección Xeral de Desevolvemento Rural do 10 de novembro de 1998 (DOG nº 229, do 25 de novembro) e que autoriza o Servicio Provincial de Estructuras Rurais da Coruña a levar a cabo tódalas actuacións necesarias para a actualización das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña). Que estas modificacións están expostas ó público no Concello de Ferrol e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal

de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia de 14 de agosto de 1985 (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases, os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no

escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

A Coruña, 8 de outubro de 1999.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña