Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento de urxencia, de servicios para o traslado de noventa e sete (97) viveiros flotantes no distrito marítimo do Grove do polígono A.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: traslado de noventa e sete (97) viveiros flotantes do polígono A no distrito marítimo do Grove.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns oitocentas setenta e seis mil catrocentas pesetas (7.876.400 ptas.), (47.333,12 euros).

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

Definitiva: trescentas quince mil cincuenta e seis pesetas (315.056 ptas.), (1.893,52 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 50 22.

e) Fax: 981 54 50 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se precisa.

8. Presentación das oferta.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 13 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo de presentación das proposicións, ou por correo e na forma prevista polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

O importe dos gastos do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños