Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (152/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 152/1999-10 por instancia de axentes da policía nacional números 69967 e 72807, contra Germán Lemos Pereira e Nerea Pichel Montoya, e nas súas actuacións, en resolución desta data se acordou citar a Germán Lemos Pereira, co fin de que o día dezaseis de decembro, ás dez corenta horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á realización do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Germán Lemos Pereira, expido e asino en Santiago de Compostela, o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado