Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (148/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 148/1999 se acordou citar a Ali Riad e a Musttapha Mhammedi, actualmente en paradoiro descoñecido, en calidade de denunciados, ó xuízo de faltas que terá lugar o vindeiro día 24 de novembro, ás 12.55 horas, baixo apercibimento de que de non comparecer recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lles sirva de citación a Ali Riad, Musttapha Mhammedi, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado