Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 298/1999, do 17 de novembro, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Mario Covas, gobernador do Estado de São Paulo (Brasil).

En atención ós méritos que concorren en Mario Covas, gobernador do Estado de São Paulo (Brasil), e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de novembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Mario Covas, gobernador do Estado de São Paulo (Brasil).

Santiago de Compostela, dezasete de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública