Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 7 de outubro de 1999, declarou o proxecto sectorial denominado actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón, de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, designando a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente para a tramitación do expediente.

En cumprimento do anterior, e de conformidade co disposto no artigo 25.3º da citada lei,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial denominado actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón, sendo as súas características fundamentais as seguintes:

a) Situación: concello de Narón.

b) Finalidade: promoción dunha actuación urbanística para dota-lo concello de Narón de solo cualificado para uso industrial debidamente urbanizado para situar dúas instalacións industriais de gran magnitude.

Ó abeiro do disposto na disposición adicional terceira da Lei 2/1998, de medidas tributarias de réxime orzamentario, fundación pública, patrimonio, organización e xestión e para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a aprobación defi

nitiva do proxecto polo Consello da Xunta de Galicia levará implícito o recoñecemento en concreto da utilidade pública e a urxente ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, o que se pon en coñecemento xeral e, en particular, dos propietarios e demais titulares que se detallan na relación que se xunta, co fin de que durante o prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio, poidan examina-lo citado proxecto nas dependencias da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas e presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parcela nº: 200.01.

Titular: Fernández Robles, Hnos.

Superficie: 1.054 m.

Parcela nº: 206.

Titular: descoñecido.

Superficie: 43 m.

Parcela nº: resto parcelas.

Titular: Sepes.