Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. 250 kVA-1ª Trav. J. Loureiro-Paiosaco.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 100 m de lonxitude, con orixe no C.T. en edificio Bergantiños (expediente 96/19-1) e final no C.T. que se instalará en edificio 1ª travesía Loureiro González, de Paiosaco. Centro de transformación, en baixo edificio 1ª travesía Loureiro González, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 20 de outubro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña