Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 25 de outubro de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifica a resolución provisional dictada sobre o fondo nacional de asistencia social do beneficiario relacionado no anexo.

No uso da competencia sobre as axudas do fondo nacional de asistencia social -a anciáns e a enfermos ou inválidos incapacitados para o traballo- reguladas polo Real decreto lexislativo 2620/1981, do 24 de xullo, e en virtude do disposto no artigo 59 da

Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución provisional enviada no seu día; notifícaselle á persoa citada no anexo a resolución dictada pola delegación de Sanidade e Servicicos Sociais desta provincia, en relación co seu expediente do Fondo Nacional de Asistencia Social.

Contra esta resolución provisional poderá formular, dentro dos dez días seguintes, á data en que se publique este edicto as alegacións e probas pertinentes ante esta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais. Transcorrido o prazo de dez días, sen que formulen alegacións, a presente resolución elevarase a definitiva, e poderase interpoñer contra ela, dentro do mes seguinte, recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, de acordo co previsto nos artigos 114,116 e 48 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro). De conformidade co previsto na Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto), a reclamación do reintegro das prestacións correspóndelles ós órganos recadadores competentes da

Consellería de Enonomía e Facenda.

Lugo, 25 de outubro de 1999.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Solicitante: Berea Guitián, Manuel.

DNI: 76.607.756.

Resolución: cesamento.

Causa: non reuni-los requisitos.

Fundamentos de dereito: artigo 1.1º e 2º R.D. 2620/1981, 24 xullo.

Débeda: 473.765 ptas.