Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de dous expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (170 e 177/1999).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade ciudadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora á xefa do Servicio de Interior, Margarita Olmo Bosco e secretaria a Rosa María García Ramos, posto base grupo B, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXAPC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen se dictar resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: 170/1999.

Denunciado: Emilio Piedra López.

Enderezo: lugar de Pousa-Santa María de Iria Padrón.

Establecemento: Night Club Caribe.

Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.

Número expediente: 177/1999.

Denunciado: Emilio Piedra López.

Enderezo: lugar de Pousa-Santa María de Iria Padrón.

Establecemento: Night Club Caribe.

Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.