Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios para o desenvolvemento do programa Vive a Neve 2000 na estación de esquí de Pal (Andorra).

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 33/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do servicio consistente no desenvolvemento do programa Vive a Neve 2000, na estación de esquí de Pal (Andorra).

b) Lugar de execución: Pal (Andorra).

c) Prazo de execución: do 5 de febreiro ata o 12 de marzo do ano 2000, ámbolos dous inclusive.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 50.000 ptas./praza, co IVE incluído, cun máximo de 500 prazas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n-Blq. 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 48 53.

e) Fax: 981 54 58 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Domicilio: San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43), ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: as 9.30 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude