Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
c) Número de expediente: 39/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio do teléfono de atención a usuarios do Servicio Galego de Colocación.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 19.950.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: si. Importe: 798.000 ptas. (4% importe de licitación).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: rexistro xeral da consellería.
b) Domicilio: San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80-54 46 52.
Información técnica: 981 54 52 98.
e) Telefax: 981 54 56 26.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: non se esixen.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.
c) Lugar de presentación.
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2. Domicilio: San Caetano.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Domicilio: San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia
e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

