Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.236.415 e seis máis).

Advertido erro na devandita resolución, relativa á obra: urbanización para o acondicionamento do río Miño ó seu paso por Santa Mariña (As Neves-Ourense), clave: OH.436.432, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do 10-11-1999, páxina 13.234, cómpre face-la oportuna rectificación:

No punto A).6 onde di: «(As Neves-Ourense)», debe dicir: «(As Neves-Pontevedra)».

Nota: a presente corrección de erros non modifica o prazo de admisión das proposicións económicas nin da mesa de contratación.