Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-440/1998 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-440/1998 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, Edif. Área Central-As Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que coide pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá

firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiag de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

A) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

B) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-440/1998.

Inculpado: Líneas de Acción Marketel, S.L.

Enderezo: San Andrés, nº 56, 8º B, 15003 A Coruña.

Sanción e motivos: (100.000 ptas.). Obstrucción ó labor inspector.

Data da resolución: 1-10-1999.

A Coruña, 19 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto

Galego de Consumo