Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a subministración de talonarios de receitas oficiais para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde. (S-2/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: nas distintas provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza, cantidade ou valor dos productos:

-Nº CPA CPV: 22820000.

-Cantidades:

Modelo P.3: 215.000 talonarios.

Modelo P.3/1: 425.000 talonarios.

Modelo P.3-A4: 13.000 talonarios.

Modelo P.3/1-A4: 26.000 talonarios.

-Orzamento:

Pesetas: cento vintesete millóns quince mil pesetas (127.015.000 ptas).

Euros: 763.375,52.

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: por lotes.

-Lote A:

Modelo P.3: 215.000 talonarios.

Modelo P.3/1: 425.000 talonarios.

Prezo unitario: 175 ptas./unidade (IVE incluído).

-Lote B:

Modelo P.3-A4: 13.000 talonarios.

Modelo P.3/1-A4: 26.000 talonarios.

Prezo unitario: 385 ptas./unidade (IVE incluído).

4. Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 14 de decembro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 21 de decembro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte) ás 9.30 horas AM do terceiro día natural; contado desde o seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado: 17-8-1999.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 15 de novembro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos