Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

PROPOSTA de acordo municipal no expediente de expropiación forzosa (R.E. 3186/99), para a obtención de terreos no parque empresarial de Cuíña.

Procedemento de taxación conxunta.

Faise público que no Pleno do día 30 de outubro de 1999 se adoptou, pola maioría absoluta dos membros corporativos, o seguinte acordo que na súa parte dispositiva di:

1. Incoa-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta para adquisición de terreos incluídos na delimitación do polígono industrial de Cuíña, a favor da empresa pública Xestión Urbanística de Lugo.

2. Aprobar, para estes efectos expropiatorios, o conxunto do expediente presentado polo representante de Xestur Lugo, S.A., con rexistro de entrada nº 3186/99.

3. Tramita-lo expediente consonte o establecido no ordenamento xurídico establecido para o efecto, delegando na Comisión de Goberno todos aqueles trámites que non requiran a intervención do Pleno, dando conta á correspondente comisión informativa.

Ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, que se contará desde a publicación deste anuncio no DOG, para xeral coñecemento.

Neste prazo, os que resulten interesados poderán formula-las reclamacións e alegacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Ademais do acordo que antecede, faise saber que este expediente se compón dos seguintes documentos:

-Determinación do ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e estremas.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio nas que se inclúa non só o valor do solo, senón tamén, se é o caso, as correspondentes ás edificacións, obras, plantacións, instalacións, etc...

-Follas de prezo xusto que correspondan, se é o caso, a outras indemnizacións.

Cervo, 10 de novembro de 1999.

Manuel Balseiro Orol

Primeiro tenente de alcalde

Manuel Ángel Jove Losada

Secretario accidental