1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Corcubión.
b) Dependencia: secretaría do concello.
c) Expediente: PIEL-Fondo Coop. Local 1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: abastecemento de auga potable.
b) Lugar de execución: Oliveira a Faro Cee (Corcubión).
c) Prazo de execución (meses): tres, executando o 50% durante 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total IVE incluído: 7.469.320 ptas.
5. Garantías.
a) Provisional: 149.386 pesetas.
b) Definitiva: 298.773 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Corcubión, Avda. da Viña, 1, 15130 Corcubión, teléfono 981 74 54 00 y fax: 981 74 71 00.
b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.
O prego de cláusulas administrativas particulares polo prazo de 8 días naturais, desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG.
7. Requisitos específicos dos contratista: non se esixe.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG, en horario das 9 ás 13 horas e no rexistro xeral de documentos do Concello de Corcubión.
b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.
O sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo de proposición (punto 12.1) que figura no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen para esta obra.
O sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes», e o C, subtitulado «Referencias Técnicas» coa documentación esixida nos puntos 12.2 e 12.3 do prego de cláusulas administrativas particulares especificadas anteriormente.
9. Mesa de contratación e apertura de ofertas.
a) Data: o seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de cadrar en sábado trasladarase ó seguinte hábil (luns).
b) Hora: ás 20 horas.
10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Corcubión, 27 de outubro de 1999.
Alfredo Benigno González García
Alcalde en funcións