Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Corcubión.

b) Dependencia: secretaría do concello.

c) Expediente: 2ª fase de rehabilitación do Colexio José Carrera para Casa do Concello de Corcubión.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: 2ª fase de rehabilitación do Colexio José Carrera para Casa do Concello de Corcubión.

b) Lugar de execución: Colexio José Carrera.

c) Prazo de execución (meses): un.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total IVE incluído: 21.000.000 de ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 420.000 pesetas.

b) Definitiva: 840.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Corcubión, Avda. da Viña, 1, 15130 Corcubión, teléfono 981 74 54 00 y fax: 981 74 71 00.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

O prego de cláusulas administrativas particulares polo prazo de 8 días naturais, desde o seguinte ó

da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG, en horario das 9 ás 13 horas e no rexistro xeral de documentos do Concello de Corcubión.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

O sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo de proposición (punto 12.1) que figura no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen para esta obra.

O sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes», e o C, subtitulado «Referencias Técnicas» coa documentación esixida nos puntos 12.2 e 12.3 do prego de cláusulas administrativas particulares especificadas anteriormente.

8. Mesa de contratación e apertura de ofertas.

a) Data: o seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de cadrar en sábado trasladarase ó seguinte hábil (luns).

b) Hora: ás 20 horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Corcubión, 27 de novembro de 1999.

Alfredo Benigno González García

Alcalde en funcións