Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Corcubión.

b) Dependencia: secretaría do concello.

c) Expediente: Plan 2000 Baixas. Anualidade 1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: varredoiro industrial.

b) Lugar de entrega: Concello de Corcubión.

c) Prazo de entrega (días): cinco.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total IVE incluído: 4.094.800 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 81.896 pesetas.

b) Definitiva: 163.792 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Corcubión, Avda. da Viña, 1, 15130 Corcubión, teléfono 981 74 54 00 y fax: 981 74 71 00.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

O prego de cláusulas administrativas particulares polo prazo de 8 días naturais, desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG.

7. Requisitos específicos dos contratista: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP e no DOG, en horario das 9 ás 13 horas e no rexistro xeral de documentos do Concello de Corcubión.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

9. Mesa de contratación e apertura de ofertas.

a) Data: o seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de cadrar en sábado trasladarase ó seguinte hábil (luns).

b) Hora: ás 20 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Corcubión, 5 de novembro de 1999.

Alfredo Benigno González García

Alcalde en funcións