Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación definitiva de proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Oroso.

O Pleno do Concello, en sesión do 8 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto corrixido de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Oroso.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do proxecto definitivamente aprobado no BOP nº 246, do 26 de outubro de 1999.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba

entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Oroso, 26 de outubro de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde