Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 21 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Acepta-la desistencia formulada por José Senén Murias Taboada, no seu propio nome e ne representación dos seus irmáns José Luis, Eduardo e María del Carmen, e de Jesús Rodríguez Taboada, en representación de Río Arenteiro, S.L., interesando delimitación e subdivisión do polígono, de conformidade co disposto nos artigos 90 e 91 da Lei 30/1992.
2. Aprobar inicialmente por pedimento de José Senén Murias Taboada, no seu propio nome e en representación dos seus irmáns José Luis, Eduardo e María del Carmen, e de Jesús Rodríguez Taboada, en representación de Río Arenteiro, S.L., o proxecto de delimitación da zona 8 do SU 15 do PXOU de Ourense.
3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no DOG e notificación persoal a tódolos propietarios afectados.
De conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 demarzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública para que tódalas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 5 de novembro de 1999.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente

