Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da proposta de reparcelación voluntaria de parcelas afectadas pola modificación do proxecto de compensación da unidade de execución do solo B-4 do PXOU Fonte Santa, como consecuencia da readaptación de determinacións e delimitación do plan parcial do citado polígono.

A Comisión de Goberno, en sesión do 27-9-1999, acordou prestar aprobación definitiva á proposta de reparcelación voluntaria parcial do PAU/P.P. da unidade de execución ou polígono B-4 Fonte Santa de Pontevedra, formulada polo presidente da xunta de compensación deste polígono e outros propietarios afectados de acordo co aprobación do estudio de detalle-aprobado en sesión da Comisión de Goberno de data 29-4-1998 coa finalidade de reaxustar determinacións e delimitación do Plan Parcial do Polígono B-4 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Fonte Santa, sendo formalizado o proxecto de reparcelación, coa expresa aceptación dos afectados, en escritura pública autorizada polo notario desta cidade Eduardo Méndez Apenela ó número 5283 do seu protocolo de 26-9-1998 e escritura complementaria desta, igualmente autorizada polo devandito notario baixo o número 752 do seu protocolo do 16-2-1999, desestimándose, por conseguinte e por este acto, as reclamacións formuladas durante o período de

información pública, subseguinte á súa toma de coñecemento por esta Administración municipal, por Vicente Manuel Solla Moreira e Eugenio Sergio Novas Veiga, en función das motivacións e antecedentes de feito expostos, que se incorporan a este acto, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dispoñéndose así mesmo a formalización da proposta de reparcelación voluntaria mediante a súa inscrición no Rexistro da Propiedade, coa presentación das escrituras públicas e certificación do acordo da súa aprobación.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa noti

ficación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte co disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992; poderá entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte co establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes con arreglo a dereito.

Pontevedra, 13 de outubro do 1999.

Raimundo González Carballo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral