Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de modificación da delimitación da unidade de actuación número 34 do PXOU rúa Doutor Loureiro Crespo-Avenida José Malvar Figueroa.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o vintesete de setembro de 1999 prestou aprobación, con carácter inicial, á proposta formulada por iniciativa particular pola entidade mercantil Construcuatro, S.A. de modificación da delimitación da unidade de actuación número 34 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, e situada entre as rúas Doutor Loureiro Crespo e a avenida José Malvar Figueroa, coa finalidade de excluír do seu ámbito un edificio xa construído e existente no seu ámbito e os terreos del expropiados para a execución do anel da Eiriña, hoxe avenida José Malvar Figueroa, así como axusta-los seus límites ó parcelario real, fundamentándose esta modificación nun proxecto técnico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Gustavo Pérez Álvarez, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG de data 15-12-1998; disponse así mesmo o seu sometemento a información pública, e comunícase o acto á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de

Galicia, nos termos do artigo 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, na redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, co fin de que, durante a fase de información pública do expediente, poida examina-lo seu contido e coñece-las súas determinacións, especialmente sobre o aproveitamento urbanístico atribuíble dos terreos da unidade de actuación, nos que a súa exclusión pretende a delimitación inicialmente aprobada e hoxe integrantes da actual avenida José Malvar Figueroa da súa titularidade, pertencente ós sistemas xerais viarios do plan xeral e obtida á través da aplicación do instituto da expropiación.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 13 de outubro de 1999.

Raimundo González Carballo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral