Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de remodelación da casa do concello.

2. Prazo do contrato: vinte meses.

3. Prezo do contrato: 246.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 4.920.000 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e a documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 10 de novembro de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde