Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo e subministración de seis vehículos equipados con destino ós parques comarcais contra incendios e salvamento da provincia da Coruña. (Expediente 99/11467 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo e subministración de seis vehículos equipados con destino ós parques comarcais contra incendios e salvamento da provincia da Coruña.

Lugar de entrega: parques comarcais contra incendios e salvamento da provincia da Coruña.

Prazo de entrega: seis meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 204.000.000 de ptas., 1.226.064,70 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 14:

14.a) 1.360.000 ptas., 8.173,76 euros.

14.b) 8.160.000 ptas., 49.042,59 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono 981 18 33 00.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5 de novembro de 1999.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 27 de decembro de 1999. Non se admitirán ofertas

enviadas por correo que teñan entrada na Deputación Provincial da Coruña despois do día 27 de decembro de 1999.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña