Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA das obras de remodelación da cuberta do Pazo dos Deportes Paco Paz.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

Remodelación da cuberta do Pazo dos Deportes Paco Paz, con orzamento de 60.661.833 ptas., prazo de execución de tres meses e clasificación esixida grupo C, subgrupo 4, categoría e.

Ourense, 13 de novembro de 1999.

O presidente da Deputación Provincial de Ourense

Rubricado