Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.667

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 5 de novembro de 1999 polo que se convoca unha bolsa para a realización de prácticas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Santiago de Compostela.

A Fundación Galicia-Europa convoca unha bolsa para financia-la realización de prácticas de licenciados ou titulados superiores equivalentes polas universidades galegas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Santiago de Compostela, ó longo do

ano 2000, co fin de completar e aplicar en Galicia os coñecementos adquiridos no transcurso dos seus estudios de especialización en asuntos comunitarios.

Requisitos:

1. Ser licenciado ou titulado superior equivalente por algunha universidade galega e ter realizado en Galicia estudios universitarios oficiais de posgrao en relación coa incidencia nela dos asuntos comunitarios.

2. Contar cun expediente académico con polo menos media de notable.

3. Acreditar un coñecemento axeitado do inglés e do francés, ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1970.

5. Residir en Galicia antes da publicación deste anuncio.

6. Posuí-la nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

En ausencia de candidatos que reúnan a integridade dos requisitos especificados nos puntos 1 e 2, a Fundación Galicia-Europa poderá considera-las candidaturas doutros peticionarios; consideraranse como méritos nese suposto a realización de estadías en institucións comunitarias ou, no seu defecto, noutras entidades e organismos que traballen en contornos comunitarios, así como ter efectuado estudios oficiais de posgrao na Universidade Libre de Bruxelas, na Universidade Católica de Lovaina, no Colexio de Europa de Bruxas ou noutros centros de recoñecido prestixio.

Duración das prácticas:

As prácticas estenderanse do 15 de xaneiro ata o 15 de decembro do 2000.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de once mensualidades de 140.000 pesetas/mes brutas (841,42 euros) para aloxamento e mantenza. O candidato seleccionado deberá acredita-la súa cobertura de continxencias médicas durante o período de prácticas.

Data límite de presentación da solicitude das bolsas:

As solicitudes poderanse presentar ata o 15 de decembro de 1999.

Selección:

Á vista dos méritos acreditados e logo da súa avaliación, a fundación efectuará unha primeira selección de ata dez candidatos, que serán convocados para a realización dunha proba práctica consistente na resolución dun suposto, que poderá desenvolverse en galego, castelán, inglés e francés, e que será ponderado por unha comisión de especialistas e técnicos de recoñecido prestixio designados polo director da fundación. A proposta prelativa da comisión será asumida pola fundación, mesmo para cubrir posibles substitucións ou suplencias, ou se as dispoñibilidades financeiras da fundación permitisen

ofertar prazas adicionais de bolseiros en prácticas durante o ano 2000.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículum vitae e copias do expediente académico, e da restante documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos. As solicitudes deberán presentarse ou dirixirse por correo certificado urxente con xustificante de recepción á Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5 - baixo, 15706 Santiago de Com

postela. Poderá solicitarse información adicional de luns a venres, e de 9 a 14 horas, polos seguintes medios:

Teléfono: 981 54 10 12.

Fax: 981 54 10 13.

Correo electrónico: santiago*fundaciongaliciaeuropa.org

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa