Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.671

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 5 de novembro de 1999 polo que se convocan bolsas para a realización de estudios de integración europea en centros universitarios belgas.

A Fundación Galicia-Europa convoca seis bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 2000-2001 nos seguintes centros de estudios:

-Colexio de Europa de Bruxas.

-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas.

-Universidade Católica de Lovaina.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios completos de segundo ciclo en universidades galegas. Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que se atopen no último ano de carreira. En todo caso, será imprescindible posuí-lo título de licenciado ou equivalente para obte-lo seu desfrute efectivo.

2. Dispor dun bo expediente académico. A súa avaliación será realizada polo centro universitario elixido polo candidato, sen prexuízo da súa consideración pola fundación en caso necesario.

3. Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.

4. Ter nacido despois do 31-12-1970.

5. Residir legalmente en Galicia antes da publicación deste anuncio.

6. Posuí-la nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

Data límite de presentación da solicitude das bolsas:

15 de xaneiro do 2000 para o Colexio de Europa de Bruxas e 1 de abril do 2000 para o resto dos centros.

Selección:

Agás para o Colexio de Europa de Bruxas, a concesión da bolsa estará condicionada á presentación da aceptación para a realización do curso por parte do centro elixido.

A Fundación Galicia-Europa efectuará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes entre aqueles que sexan admitidos polos centros correspondentes. Entre eses méritos serán de especial consideración a realización en Galicia de estudios universitarios oficiais de posgrao sobre

asuntos de integración europea axeitados á realidade galega.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículum vitae e copias do expediente académico, e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse ou remitirse por correo certificado con xustificante de recepción á Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5-baixo,

15706 Santiago de Compostela. Poderá solicitarse información adicional de luns a venres, e de 9 a 14 horas, polos seguintes medios:

Teléfono: 981 54 10 12.

Fax: 981 54 10 13.

Correo electrónico: santiago*fundaciongaliciaeuropa.org

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa