Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.670

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 5 de novembro de 1999 polo que se convocan bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo do 2000 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

A Fundación Galicia-Europa convoca catro bolsas para financia-la estadía non remunerada en institucións comunitarias, ó longo do ano 2000, de licenciados ou titulados superiores equivalentes polas universidades galegas.

Requisitos:

1. Posuí-lo compromiso escrito da correspondente institución no que se acepte a solicitude do candidato para a realización dunha estadía non remunerada.

2. Contar cun expediente académico universitario con, polo menos, media de notable.

3. Acredita-lo coñecemento dunha lingua comunitaria de traballo, ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1970.

5. Residir en Galicia antes da publicación deste anuncio.

6. Posuí-la nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

A Fundación Galicia-Europa efectuará a selección dos peticionarios en función dos méritos acreditados

por estes, entre aqueles que sexan admitidos polas correspondentes institucións. Entre eses méritos serán de especial consideración a realización en Galicia de estudios universitarios oficiais de posgrao sobre asuntos de integración europea axeitados á realidade galega e doutros equivalentes en centros europeos de referencia.

Duración da bolsa:

Ata cinco meses por estadía.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 867,63 euros/mes para aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros serán por conta dos candidatos.

Data de presentación da solicitude da bolsa:

As solicitudes poderanse presentar ata o 15 de setembro do 2000.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículum vitae e copias do expediente académico, e da restante documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse ou dirixirse por correo certificado con xustificante de recepción á Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5 - baixo,

15706 Santiago de Compostela. Poderá solicitarse información adicional de luns a venres, e de 9 a 14 horas, polos seguintes medios:

Teléfono: 981 54 10 12.

Fax: 981 54 10 13.

Correo electrónico: santiago*fundaciongaliciaeuropa.org

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa