En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de canteira de arxilas Fosas, sección A, situado en Abadín (Lugo) e promovido por Tecnologías Pardiñas, S.L.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
* Concello de Abadín.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

