De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo LC) e do seu regulamento (en diante RC).
O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.
Pontevedra, 8 de setembro de 1999.
José Luís Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente número: 71.4/97.
Denunciada: Mercedes Gándara Otero.
Condición: promotora.
Último enderezo coñecido: r/ Camiño de Bouciña, nº 29-O Covelo-Samieira-Poio.
Data da proposta: 28-9-1999.
Feitos: construcción dun ático e pechamento dun soportal formando unha galería.
Lugar: r/ Camiño de Bouciña, nº 20-O Covelo-Samieira.
Concello: Poio.
Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da LC e artigos 179.1º e 180 b) do RC proponse a imposición a Mercedes Gándara Otero, na súa condición de promotora, dunha multa de un millón cento noventa e oito mil duascentas vintecinco pesetas (1.198.225 ptas.), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volta-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia.

