De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo do delegado provincial desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.); nomeánse instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio de Conservación do Litoral desta delegación provincial (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril) e se adóptan as medidas
provisionais especificadas.
Os nomeamentos do instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
De conformidade co establecido no artigo 42.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cómpre informalo que de o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución do presente expediente é de 6 meses.
Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente).
Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de seis meses quedará suspendido:
-Cando deba requirirse o interesado para a emenda de deficiencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.
-Cando deban solicitarse informes, desde a petición, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.
-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.
En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.
Pontevedra, 11 de novembro de 1999.
José Luís Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO I
Expediente nº: 9.10/93-II.
Denunciado/a: Concepción Lozano Lucio.
Condición: promotora.
Último enderezo coñecido: r/ México, nº 56-2º E, Vigo.
Data do acordo: 26-10-1999.
Feitos: construcción dun galpón para uso habitacional e construcción dun cerramento.
Lugar: Punta Corbeiro.
Concello: Sanxenxo.
Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.
ANEXO II
Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.
Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.
Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.

