En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminsitrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.
En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 16 de novembro de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
José Mª López Vázquez e herdeiros.
Expediente: C-1-CD/79 (desafiuzamento FP478/1999).
Conta: 172.
O Birloque, bloque 5, 2º D, polígono Elviña (A Coruña).
Importe débeda: 1.920.758 ptas.

