A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para o cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono 982 29 65 32. Fax 982 21 29 24.
c) Número do expediente: C.P. 1/99-I.
2. Obxecto da contratación:
a) Tipo de contrato: contrato de subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para os servicios de UCI, Anestesia e Pediatría.
c) Lotes: véxase a liña 5.b.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 136, do 16 de xullo de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
35.000.000 de ptas. (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 29 de setembro de 1999.
b) Contratistas:
Lote nº 1. Sistema de monitorización para a Unidade de Coidados Intensivos.
Lote nº 2. Dous aspiradores volumétricos para a Unidade de Coidados Intensivos.
Lote nº 3. Dous equipos de anestesia.
Os tres lotes adxudícanselle a Galilei Medical, S.A. (oferta conxunta para os lotes nº 1, 2 e 3), por un importe de 31.000.000 de ptas.
Lote nº 4. Tres incubadoras para o Servicio de Pediatría. Drager Hispania, S.A., 3.990.000 ptas.
c) Importe total das adxudicacións: 34.990.000 ptas. (IVE incluído).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono 982 29 65 32. Fax 982 21 29 24.
c) Número do expediente: C.P. 2/99-I.
2. Obxecto da contratación:
a) Tipo de contrato: contrato de subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para os servicios de Dixestivo, Oftalmoloxía, Esterilización e Anatomía Patolóxica.
c) Lotes: véxase a liña 5.b.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 136, do 16 de xullo de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
17.500.000 ptas. (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 29 de setembro de 1999.
b) Contratistas:
Lote nº 1. Equipo videogastroscopio. Medical Europa, S.A. (1ª variante), 3.785.000 ptas.
Lote nº 2. Inversor de imaxes para cirurxía vitroretinaria e un endoláser. Alcon Cusi, S.A., 4.657.175 ptas.
Lote nº 3. Esterilizador a vapor con xerador de vapor independente. Antonio Matachana, S.A., 6.997.800 ptas.
Lote nº 4. Mesa de tallado para o Servicio de Anatomía Patolóxica. Suministros y Distribuciones Sanitarias, S.A., 1.700.000 ptas.
c) Importe total adxudicacións: 17.139.975 ptas. (IVE incluído).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono 982 29 65 32. Fax 982 21 29 24.
c) Número do expediente: C.P. 3/99-I.
2. Obxecto da contratación:
a) Tipo de contrato: contrato de subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para o Servicio de Rehabilitación.
c) Lotes: véxase a liña 5.b.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 137, do 19 de xullo de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
6.500.000 ptas. (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 29 de setembro de 1999.
b) Contratistas:
Lote nº 1. Cinco mesas hidráulicas para masaxe e tratamento. Sanrosan, S.A., 950.000 ptas.
Lote nº 2. Dúas padiolas hidráulicas de Bobath, modelo de MAGACAM 111E. Electromedicarin, S.A., 442.018 ptas.
Lote nº 3. Dúas bicicletas estáticas modelo H-53. Sanrosan, S.A., 105.380 ptas.
Lote nº 4. Un plano inclinado eléctrico modelo 1M00007. Electromedicarin, S.A., 186.720 ptas.
Lote nº 5. Unha cinta de marcha BH modelo G645-MARINER. Electromedicarin, S.A., 163.710 ptas.
Lote nº 6. Unha escaleira de dedos con 24 chanzos. Electromedicarin, S.A., 6.912 ptas.
Lote nº 7. Dous xogos de pesas desde œ a 10 kg. Sanrosan, S.A., 102.000 ptas.
Lote nº 8. Dez colchonetas tapizadas en skay de 200 cm longox100 cm largox3 cm groso. Electromedicarin, S.A., 158.360 ptas.
Lote nº 9. Seis andadores sinxelos en aceiro inoxidable. Electromedicarin, S.A., 70.620 ptas.
Lote nº 10. Seis andadores con apoio en ombro. Electromedicarin, S.A., 231.120 ptas.
Lote nº 11. Doce bastóns ingleses graduables en altura. Electromedicarin, S.A., 17.460 ptas.
Lote nº 12. Un balón de Bobath, tamaño mediano. Electromedicarin, S.A., 4.093 ptas.
Lote nº 13. Un xogo de cinco balóns medicinais de 1 a 5 kg. Electromedicarin, S.A., 29.960 ptas.
Lote nº 14. Banquetas xiratorias. Deserta.
Lote nº 15. Un autopasivo para ombro. Sanrosan, S.A., 24.100 ptas.
Lote nº 16. Dous zapatos atléticos con tres placas. Sanrosan, S.A., 17.620 ptas.
Lote nº 17. Un panel mural de duchas KNEIPP. Electromedicarin, S.A., 373.441 ptas.
Lote nº 18. Dous aparellos microondas dunha canle. Sanrosan, S.A., 900.000 ptas.
Lote nº 19. Dous estimuladores de correntes interferenciais. Sanrosan, S.A., 782.000 ptas.
Lote nº 20. Un aparello ultrasons. Electromedicarin, S.A., 263.755 ptas.
Lote nº 21. Un estimulador de correntes de baixa frecuencia. Electromedicarin, S.A., 222.560 ptas.
Lote nº 22. Un baño de remuíño en aceiro inoxidable. Sanrosan, S.A., 318.800 ptas.
c) Importe total das adxudicacións: 5.370.629 ptas. (IVE incluído).
Lugo, 29 de setembro de 1999.
Fernando Varela Noreña
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Calde de Lugo

