Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa (referencia O99/54).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O99/54.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento en Nostián. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 23.874.608 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 477.492 ptas.

6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001-A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo eléctronico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 3 de decembro de 1999.

O alcalde

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente de alcalde delegado de Contratación