Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 30 de novembro de 1999, o proxecto de urbanización do polígono industrial (SAU.04), promovido polo Concello de Salceda de Caselas, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na Secretaría do Concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Salceda de Caselas, 3 de decembro de 1999.

José María Fernández Rodríguez

Alcalde