Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999 pola que se anuncia o concurso, por procedemento aberto, que se cita.

Obxecto do contrato: prestación do servicio de vixilancia nocturna nas instalacións da estación de autobuses do termo municipal de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 1.500 ptas./hora máis IVE.

Prazo de execución: un ano prorrogable ata un máximo de catro anos.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-servicios). Tel.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado