A Comisión de Goberno, na sesión do día 22 de novembro de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 1 do SUP-5 da Choupana, promovido por Sociedade Cooperativa Vivenda Local Galega.
O ámbito da urbanización correspóndese cos seguintes lindes:
Norte: estrada de Santiago de Compostela a Noia (C-543), entre o nó de Romero Donallo e terreos do polígono 2 do plan parcial.
Sur: barrio de Santa Marta de Abaixo e edificacións que dan fronte á rúa da Espiñeira.
Leste: terreos do polígono 2 do plan parcial.
Oeste: confluencia das avenidas Mestre Mateo e Romero Donallo e rúa de Tras Espiñeira.
O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1999.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

