A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o 26 de outubro de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de camiño situado en Vilasante, tramitado por instancia de Construcciones Canteiro, S.L., segundo o proxecto redactado polos arquitectos José Doncel Cerviño e Roberto López Piñeiro e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto sométese a información pública durante o período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.
O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde a última publicación, atopándose a documentación ó dispor do publico na Secretaría do Concello.
A teor do disposto no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada a notificación, non se puidese practicar.
Sarria, 16 de novembro de 1999.
Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde

