No BOP de Pontevedra nº 214, do 8 de novembro de 1999, publícanse integramente as bases reguladoras do concurso por promoción interna para cubrir unha praza de cabo da policía local, e as bases específicas para provisión en propiedade de catro prazas de policía local, por oposición libre, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, grupo D.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta convocatoria no BOE e logo da publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP de Pontevedra.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra.
Silleda, 16 de novembro de 1999.
José Fernández Viéitez
Alcalde

