Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por pública poxa das obras: abastecemento e saneamento de augas no rural, zona sur de Tui-Randufe 2ª etapa da 4ª fase e abastecemento e saneamento de augas no rural, zona sur de Tui, Areas (2ª fase).

Prezo de licitación: 31.660.264 e 17.985.591, respectivamente.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario de 8 a 15 horas, os días laborables e de 9 a 13 horas os sábados, a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións da referida poxa.

Tui, 10 de decembro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde