Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 3 de novembro do ano en curso, o estudio de detalle nº 3 das Normas Subsidiarias de Planeamento, deste Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público, o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el, cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.
Inseríndose este edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP, nun xornal dos de maior tiraxe de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións, iniciarase en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.
Vilanova de Arousa, 4 de novembro de 1999.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

