Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal Comisión de Goberno, en sesión do 10 de novembro do ano en curso, a modificación puntual nº 7 das NNSS de planeamento deste concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público, o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formuláren contra el, cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Inseríndose este edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP, nun xornal dos de maior tiraxe de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións, iniciarase en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 12 de novembro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde