O Medtec amplía o número de prazas convocadas para o cadro de persoal da súa Unidade de Radiofísica, sita no Hospital do Meixoeiro de Vigo:
1. Radiofísico hospitalario. Ref.: RF-1999.
Praza publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, con data do 19 de outubro de 1999.
Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a correspondente referencia, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa, portal 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).
Íñigo Álvarez Canoa
Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica

