O Premio Periodístico Puro Cora creouse co obxecto de estimula-las iniciativas individuais que, en forma de artigos periodísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a comprensión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.
A decisión do premio farase público o día 2 de febreiro de 2000, en Lugo, e está dotado con 1.500.000 ptas.
Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa do Progreso, 12, 27001 Lugo.
Lugo, 16 de decembro de 1999.
Blanca García Montenegro
Presidenta

