Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.975

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de novembro de 1999 sobre o exercicio da función interventora polo procedemento de mostraxe.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 235, do 7 de decembro de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 14.337, no artigo 11º, onde di: «..., as medidas que se van adoptar sinaladas no artigo anterior referiranse ó dito expediente,...», debe dicir: «..., as medidas que se vaian adoptar, sinaladas no artigo anterior, referiranse ó dito expediente,...».

-Na páxina 14.338, no artigo 13º, onde di: «... redacción das correspondentes instruccións e citadas no artigo 3.3º desta orde,...», debe dicir: «... redacción das correspondentes instruccións e citadas no artigo 3º.3 desta orde...».